Praza, un novo xornal. Un espazo no que atoparse

Un grupo de persoas (entre elas, Manolo Barreiro, Filipe Diez e eu mesmo) levamos meses traballando no deseño dun novo xornal dixital. Porque é necesario (cada vez máis) e porque é posible facelo. Porque hai milleiros de galegas e galegos que non teñen un medio de comunicación na rede no que confíen, que queren ler un xornal de calidade, en galego e que lles conte a parte da realidade que o resto das cabeceiras non lle está contando. Porque queren un espazo no que atoparse e debater. Un xornal dixital moderno, conectado co mundo e aproveitando todas as posibilidades da información en tempo real e multimedia, un xornal aberto e colaborativo, en permanente intercambio con outros medios galegos, cos lectores e coas organizacións sociais e os internautas. Aberto tamén no político, sen filiacións partidarias e apostando por unha axenda temática propia, distinta á dos medios convencionais. E moi preocupado polo traballo xornalístico, base de calquera medio de comunicación, tanto dos redactores coma dos colaboradores xornalistas, que en Praza serán (como debería ser obvio) retribuídos.

Podedes ver unha presentación do proxecto entrando na páxina prazapublica.com

Este non é o deseño definitivo (xa houbo algúns cambios dende entón), pero é para que vos fagades unha idea. Nas vindeiras semanas Praza Pública («Praza») presentarase en toda Galicia, na procura de apoios. O xornal quere ser autosustentable, con publicidade, patrocinios e coas achegas dos lectores, que serán os propietarios reais de Praza. A información é cara, e ou ben a pagan os anunciantes, ou ben os lectores. E o que paga, manda.

Praza primará os temas a fondo, as reportaxes de investigación e as entrevistas en profundidade, emprestando unha atención á política e cultura galegas, aos movementos sociais e a economía solidaria e os consumidores, a unha visión alternativa da información internacional, e ás noticias científicas e das novas tecnoloxías.

Será un medio aberto, coa atención posta en todas as conversas e fluxos da Internet galega, á construción colaborativa de información cos propios lectores (crowdjournalism), á curación e selección de contidos publicados en Galicia e en todo o mundo, e á presentación gráfica das informacións, coas achegas de vídeo e infografía e unha avanzada e fermosa arquitectura realizada por A Navalla Suíza.

Será un medio transparente, do que os lectores e asinantes saberán en todo momento a orixe dos ingresos económicos e os custes de funcionamento.

Chuzame! A Facebook A Twitter
This entry was posted in internet, movementos sociais, praza, prensa, xornalismo. Bookmark the permalink.

12 Respostas a Praza, un novo xornal. Un espazo no que atoparse

  1. Berto di:

    Moita sorte !!

  2. Eliana di:

    Parabéns polo proxecto e moitísimas grazas como cidadá. Que teña un longo e saudable camiño.

  3. Moisés Álvarez di:

    Moita sorte e moitas grazas!

  4. náufrago di:

    Grandísima iniciativa!!! Moitísima sorte. Moitísimo ánimo. Apertas.

  5. Lema di:

    Parabéns e sorte!

  6. Costas di:

    Moita sorte e adiante, xa vos poño nos meus favoritos.

  7. Liria di:

    O que se di nestes casos: moita sorte, moito ánimo, e a darlle, pouquiño a pouco, voz a este país tan necesitado dela.

  8. Henrique Monteagudo di:

    Aire novo! Esperanza! Parabéns, ánimo e sorte!

  9. O projecto tem uma traça extraordinária, parabéns e que seja um cúmulo de sucessos.

  10. Pingback: Praza Nuevo Periódico Digital en Gallego

  11. Rocío Barreiro Rodríguez di:

    Quero contactar con alguén deste proxecto para falar del nunha poñencia, como/onde podo facelo?

    Saúdos e sorte!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>