-
Artigos recentes
Histórico
Categorías
- 15m (6)
- África (1)
- agregación (2)
- anos oitenta (1)
- bng (1)
- cidadanía (6)
- cine (1)
- comunicación política (2)
- crise económica (7)
- crowdfunding (1)
- curación (2)
- decrecemento (2)
- democraciareal (5)
- dereitos (1)
- esquerda (8)
- feminismo (1)
- ferrol (1)
- francia (1)
- inmigración (1)
- internet (27)
- libros (1)
- medios locais (4)
- movementos sociais (7)
- nacionalismo (4)
- NYT (2)
- periodismo (3)
- porunhademoraciareal (1)
- praza (1)
- prensa (21)
- progreso (2)
- psoe (2)
- publicidade (4)
- razón (1)
- relixión (1)
- revolución conservadora (2)
- soberanía (1)
- socialdemocracia (3)
- televisión (1)
- Transición (6)
- xornalismo (30)
Comentarios recentes
- LVG: a gran mentira… | ferradura en tránsito en La Voz de Galicia acentúa a súa caída
- Rocío Barreiro Rodríguez en Praza, un novo xornal. Un espazo no que atoparse
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (II)
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (I)
- bathtub restoration brooklyn en Nuevos medios en África: El periodismo construyendo sociedad
Lista de ligazóns (blogroll)
- Arume dos Piñeiros
- Bitácora Escarlata
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Canadian Dimension
- Casdeiro
- Contraindicaciones
- Croques
- De Paso
- El cuarto estado
- El voto con botas
- Esther Vivas
- Feijoomente
- Fuera de lugar
- Galizia Ecosocialista
- Guerra Eterna
- Ivan Thays
- Jeu de Paume
- Josep Antoni Moreno
- Lenin's tomb
- Libro de notas
- Manuel Cendán
- Manuel Rivas
- O Funambulista Coxo
- O outro lado do espello
- O porto dos escravos
- Outra esquerda
- Preguiza
- Prolingua
- Renovar o bng
- Si Home Si
- Soy menos
- Vudutv
Meta
Category Archives: curación
A agregación (distinta da curación)
Nos últimos anos a actividade xornalística e a profesión xornalística están sufrindo un rápido e profundo proceso de degradación. Degradación nas condicións de traballo, degradación na consideración social do seu traballo e degradación da calidade, incidencia e profesionalidade dos contidos producidos. Nesta degradación os propios xornalistas teñen unha gran parte de responsabilidade, por suposto, aínda que hai importantes factores externos. Pódese considerar, de xeito global que se vive un proceso de des-especialización da actividade xornalística, poñéndose en cuestión, desprezándose e perdendo valor aqueles aspectos que constitúen a cerna da profesión: investigación, contraste, rigor, subxectividade, creación…
O xornalismo, a información convértese nun commodity, un produto sen valor en si, sen valor engadido, con valor ao peso, digamos, intercambiable e que pode ser copiado, distribuído por calquera canle, reproducido, transformado e alterado, sen valor nin recoñecemento de autoría. Os commodities son produtos, nalgúns casos materias primas, noutros produtos finais, nas que a súa procedencia ou calidade apenas engade valor: sucede coa auga embotellada, o aceite de xirasol, o arroz, o petróleo ou o leite, sen apenas diferenzas de prezo entre unhas marcas e outras e nas que polo tanto se buscan os produtos máis baratos. Pasa o contrario co viño, os equipamentos electrónicos ou os coches, nos que si se valora o autor, o seu proceso de elaboración, as súas prestacións, a súa calidade ou a confianza na credibilidade da súa procedencia e de quen nolo vende. A información, dalgún xeito, adoitaba pertencer a este segundo grupo. A información tiña valor dependendo da credibilidade que tivese a fonte que nola ofrecese, o autor e o medio, e valorábase a súa profundidade, calidade, experiencia previa e a súa capacidade de influír na realidade. Na actualidade, na rede a acción de agregadores de noticias como GoogleNews ou YahooNews pon ao mesmo nivel uns medios e outros, ou mesmo outorga preferencia a aqueles con mellores técnicas de posicionamento, relegando en moitas ocasións a aqueles que ofrecen mellor información.
A este respecto, Bill Keller, director de NYT denunciou a “produción barata e notas absurdas», a «falta de identidade e profesionalismo», así coma o «mal costume de chamar agregación ao «roubo de contidos». Keller denuncia que o que se veu denominando agregación non é o acto lícito de seleccionar e compartir, atribuíndo a súa autoría, contidos xornalísticos de interese, como xa se viña facendo anteriormente a través das revistas de prensa, senón que na meirande parte dos casos, trátase de agregacións automáticas, ou do copia e pega de contidos en webs que despois obteñen un importante beneficio económico con iso. Keller dirixiu as súas críticas aos grandes portais e buscadores como Google ou Yahoo, pero sobre todo ao exitoso modelo instaurado polo Huffington Post, recoñecido como medio xornalístico a pesar da súa escaseza de contidos orixinais. Como sentenciou Keller, “aggregating the work of others is no substitute for boots-on-the-ground journalism”. A este respecto o Project for Excellence in Journalism reclamou que debería existir algún sistema para que se pagasen royalties cada que vez que unha web utilizase contidos xornalísticos procedentes doutros medios.
Na primeira semana de maio un tribunal de Bruxelas confirmou por terceira vez a prohibición a Google de difundir textos e fotografías de varios xornais belgas sen o seu consentimento. Copiepresse, a sociedade de xestión dos dereitos de edición de diarios como Le Soir, La Libre Belgique e La Derniere Heure convidou en 2006 a Google, MSN e Yahoo! a negociar a presenza de contidos de prensa nas súas páxinas de actualidade, contactos que foron infrutuosos e propiciaron o inicio do proceso perante os tribunais. Ao igual que Google, YahooNews agrega contidos de medios dixitais, pero outroga preferencia ás duascentas cabeceiras coas que mantén acordos, como Associated Press, Reuters e ABC News. En compensación polo contido reproducido, YahooNews entrega a estes partners unha parte dos seus ingresos por publicidade, ademais de remitirlles tráfico, por suposto.
Os estudos do PEJ calculan que o 95% da información dispoñible na rede procede de medios impresos. Porén, a maioría dos ingresos da publicidade online foron parar a agregadores e buscadores, no canto dos xornais profesionais. A rede é un entorno distinto a aquel no que se moven os xornais impresos. A información ten un custe moi grande para producir a primeira copia; porén, as copias e reproducións posteriores apenas teñen custo. O que sucede é que os medios que ofrecen a primeira copia (a producida por eles) e os que ofrecen as copias posteriores (agregadas) compiten no mesmo entorno, en igualdade de condicións. Os segundos obteñen ingresos sen apenas custes. Rosenstiel e Mitchell cren que o futuro pertence a aqueles “que comprendan o cambio de comportamento do público e poidan dirixir contidos e publicidade a ese público específico, que encaixe nos intereses de cada un”; porén os autores alertan de que ese coñecemento neste momento pertence a empresas non xornalísticas.
A forma máis barata de agregar é a través de código e algoritmos, con nula ou escasa intervención humana. Cando a agregación inclúe un traballo xornalístico de selección, interpretación, denomínase curación. Yahoo introduciu unha ferramenta, denominada LiveStand, ao tempo que Google fixo o mesmo con News for You, que garda recordo dos medios e novas que o usuario visitou, ofrecéndolle contido relacionado. Grandes medios, como NYT e Washington Post tamén están desenvolvendo ferramentas semellantes que permiten recomendar novas e vídeos en función das consultadas previamente. O Huffington Post traballa con seleccións algorítmicas, pero que despois pasan polas mans de editores humanos que xerarquizan, condensan ou reescriben parte da información. Despois, o medio dálle aínda máis valor á fórmula combinándoo con contidos das redes sociais, gráficos e imaxes.
En resposta, os defensores dos medios de agregación defenden que no xornalismo online se engade unha segunda habilidade ou factor de calidade ao tradicional de creación de contidos: a creación de audiencias, a habilidade na distribución, que é aquilo no que se especializan e no que son fortes Google e outros agregadores. Google outorga un novo valor ás informacións, deste xeito achega un dobre valor que tamén é tido en conta polos anunciantes, que deciden onde investir. De igual xeito, A. Huffington afirma que a agregación beneficia por igual aos produtores de contidos e aos agregadores. Os reescritores como xa foron denominados, reclaman que eles tamén fan xornalismo, aínda que sexa nunha proporción menor.
Nymag.com ten contido orixinal, en boa parte o que publica na súa edición impresa, pero leva anos desenvolvendo unha estratexia de fortalecemento de blogs especializados sobre gastronomía, comunicación, cultura ou moda, que acabaron representando o 85% dos contidos publicados e que en boa medida eran contidos agregados (curados) doutros medios. Isto permitiu que a revista impresa, cuns contidos moi locais destinados ao público neoiorquino, teña agora na súa edición dixital un 70% de lectores de fóra. Hai unha vella regra segundo a que cada mil lectores, o medio podía pagar un xornalista máis. Esa regra non se sostén no mundo dixital, con audiencias meirandes, pero menores ingresos por lector. Unha vía para nivelar o desequilibrio que se crea é realizar un bo traballo de curación.
Hai, por suposto, unha parte de habilidade xornalística no proceso de selección. Segundo Gittens, entran en xogo tres habilidades xornalísticas neste proceso: a investigación e creación (reporting), a reescritura e a agregación. A principal virtude que na súa opinión debe ter un agregador é o xuízo xornalístico, que compara co mesmo labor que realizan os redactores-xefe ou directores dun xornal, que deben posuír esta capacidade de seleccionar e de outorgar xerarquía e relevancia do que ás veces carecen os redactores. “Necesitas saber como facer un bo titular, e como elaborar un bo resumo da información que consiga interesar aos lectores e como incorporar novos elementos, como fotografías e vídeos, que complementen a información escrita”, engade Gittens. Para outros defensores do proceso de agregación, a redacción dunha información e o acto de agregar pezas xornalísticas son dous procesos que teñen moito en común, pois en ambos os dous quen o realiza ten que revisar, seleccionar, valorar e engadir un conxunto moi numeroso de elementos, datos, citas, documentos, materiais de distinto tipo, para elaborar un produto final. A diferencia é que o proceso de agregación conta coas pezas informativas elaboradas entre os elementos que debe compilar.
Na categoría agregación, curación, internet, xornalismo
Leave a comment
A curación (distinta da agregación)
Un xornalista debe ter a habilidade de administrar o fluxo de información en tempo real. A cantidade de datos dos que dispón é case inabarcable e actualízase de maneira constante. Debe ter a capacidade profesional de lidar con ese enorme caudal de información, identificar as cuestións relevantes, verificar a validez das fontes e ter o coñecemento suficiente para contextualizar cada situación. Debe ter conciencia de que o centro do seu traballo está na audiencia e que a audiencia non é un suxeito pasivo que recibe a información, senón que se trata dun colectivo que pode participar activamente na produción da noticia. Resulta paradoxal que nun momento histórico que podemos convir en definir como sociedade da información, o xornalismo como negocio e como actividade, e tamén os xornalistas en canto colectivo e a nivel persoal, estean atravesando unha profunda crise na que mesmo se chega a poñer en cuestión a súa función social. O xornalista é esencialmente un experto na xestión (selección e interpretación) da información que está ao seu redor, reducindo a complexidade do mundo para facelo intelixible para os lectores, poñendo as bases para o debate racional e integrando os actores dispersos da sociedade. Canto máis complexo é o mundo e cantos máis fluxos de información se producen, máis necesaria é a figura do xornalista.
En opinión de Jeff Jarvis a única forma de engadir valor á información e ao feito periodístico e que deste xeito o xornalismo poida sobrevivir é outorgando un valor único e de calidade ao produto. O fundador do Media Lab, Nicholas Negroponte, afirmou que “a necesidade de periodistas de talento non só non está caendo, senón que está aumentando”, redundando na idea do valor engadido e a xestión de información ao ser “necesaria unha nova forma de periodismo que diferencie o gran da palla”, debido a que as novas tecnoloxías contaminan a nosa capacidade de atención por ofrecer tantas frontes abertas. O xornalista non só investiga, escribe e difunde, senón que tamén interactúa cos seus lectores e xestiona e dá valor tanto á propia información como á allea, mediante o uso da súa experiencia e especialización para exercer a súa función social nesta nova sociedade da comunicación.
O xornalismo hoxendía converteuse nun proceso que vai dende a pureza á complexidade e de volta á pureza, á simplificación, para ir engadindo novas voces, fontes e datos, que de novo deben ser indexados e seleccionados para ofrecerlles aos lectores un produto máis sinxelo e dixerible. A filosofía de Newser é Read Less, Know More, de feito limita as súas noticias a 120 palabras. Newser publica unha sesenta novas cada día, nunca máis de cen, unha limitación autoimposta, rexida pola filosofía de “se publicas máis non cumpres unha función editorial, o medio sería como unha mangueira a presión”. Newser ten oficinas en Nova York e Chicago, pero ten xornalistas en todo o planeta, normalmente traballando dende casa, catro a tempo completo e 15 a tempo parcial, cobrando entre 20 e 40 dólares por hora.
Curación designa o que en realidade sempre fixo o xornalismo e que tradicionalmente se denominaba copy tasting: o labor de rastrexo de todas as fontes informativas dispoñibles, xornalísticas, individuais… e de todo o publicado polos outros medios de comunicación, para, empregando o coñecemento experto dun ámbito temático e criterios xornalísticos, realizar unha selección e unha interpretación e entregarllo á audiencia. O que mudou é que neste momento os posibles emisores de información pasaron de ser uns cantos centos ou milleiros a ser millóns, a ser practicamente todo o mundo. Os fluxos de información na sociedade do coñecemento son case infinitos e o seu valor multiplícase exponencialmente. Canta máis información hai dispoñible paradoxalmente é máis difícil estar realmente informado, ou cando menos coñecer cales son as fontes que ofrecen credibilidade e cales non. Dise que informarse en Internet é como tentar beber dunha boca de rego. «É precisamente agora cando fan falla persoas que outorguen sentido a toda a información que circula diante da ollada dos lectores”.
Dolors Reig define os curadores de contidos ou content curators, como “intermediarios críticos do coñecemento, alguén que busca, agrupa e comparte de forma continua o máis relevante (separa o gran da palla) no seu ámbito de especialización”. Trátase de atopar o mellor contido, atribuílo, recoñecer a súa autoría, pero ao mesmo tempo de engadirlle novo valor, que chega a través do proceso de selección, de integración con outros elementos e da engádega de comentarios ou valoracións. O NYT desenvolve un traballo real de curación por exemplo a través do seu blogue The Lede, que mestura as crónicas realizadas por xornalistas do medio con achegas de axencia, blogues e outros materiais online para relatar procesos complexos, coma as protestas en Irán ou a revolución exipcia.
Cada vez xorden con máis forza novas ferramentas para optimizar o consumo de contidos na web social, tanto a nivel corporativo como a nivel usuario: Curata (específica para o uso empresarial), Paper.li (que permite crear unha caste de diario cos tuits máis relevantes para un usuario), Trunk.ly, KeepStream (ferramentas para recoller todos os enlaces que compartes en Twitter), Cadmus (que permite xestionar o teu stream de Twitter, FriendFeed e RSS), Curated.by (comunidade que permite seguir determinados temas filtrados por usuarios, así como crear, editar e organizar os propios). Burt Herman (ex-xornalista de Associated Press) e Xavier Damman (programador belga) crearon hai uns meses Storify, unha ferramenta pensada para buscar contido en diversas redes sociais, mensaxes enviadas a Twitter, actualizacións de Facebook, vídeos de Youtube, fotografías de Flickr, entradas de blogues e novas publicadas en medios xornalísticos para, en certa maneira, construír unha narración da noticia. A orixe, case sempre, está nas informacións creadas por un xornalista, que despois son comentadas, conversadas, criticadas, complementadas e completadas polos lectores a través de redes sociais e blogues. Storify compila toda esta información xerada en múltiples soportes, dándolle unidade e coherencia.
Na categoría agregación, curación, internet, xornalismo
Leave a comment