-
Artigos recentes
Histórico
Categorías
- 15m (6)
- África (1)
- agregación (2)
- anos oitenta (1)
- bng (1)
- cidadanía (6)
- cine (1)
- comunicación política (2)
- crise económica (7)
- crowdfunding (1)
- curación (2)
- decrecemento (2)
- democraciareal (5)
- dereitos (1)
- esquerda (8)
- feminismo (1)
- ferrol (1)
- francia (1)
- inmigración (1)
- internet (27)
- libros (1)
- medios locais (4)
- movementos sociais (7)
- nacionalismo (4)
- NYT (2)
- periodismo (3)
- porunhademoraciareal (1)
- praza (1)
- prensa (21)
- progreso (2)
- psoe (2)
- publicidade (4)
- razón (1)
- relixión (1)
- revolución conservadora (2)
- soberanía (1)
- socialdemocracia (3)
- televisión (1)
- Transición (6)
- xornalismo (30)
Comentarios recentes
- LVG: a gran mentira… | ferradura en tránsito en La Voz de Galicia acentúa a súa caída
- Rocío Barreiro Rodríguez en Praza, un novo xornal. Un espazo no que atoparse
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (II)
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (I)
- bathtub restoration brooklyn en Nuevos medios en África: El periodismo construyendo sociedad
Lista de ligazóns (blogroll)
- Arume dos Piñeiros
- Bitácora Escarlata
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Canadian Dimension
- Casdeiro
- Contraindicaciones
- Croques
- De Paso
- El cuarto estado
- El voto con botas
- Esther Vivas
- Feijoomente
- Fuera de lugar
- Galizia Ecosocialista
- Guerra Eterna
- Ivan Thays
- Jeu de Paume
- Josep Antoni Moreno
- Lenin's tomb
- Libro de notas
- Manuel Cendán
- Manuel Rivas
- O Funambulista Coxo
- O outro lado do espello
- O porto dos escravos
- Outra esquerda
- Preguiza
- Prolingua
- Renovar o bng
- Si Home Si
- Soy menos
- Vudutv
Meta
Category Archives: decrecemento
Onde están os colectivos sociais?
No número de decembro de Tempos Novos (nº 163) preguntábame que está facendo Galiza Non Se Vende e en xeral o conxunto dos movementos sociais do país, onde se meteron no último ano, unha pregunta apresurada pola que xa recibín un par de correos que querían afondar comigo no asunto. Nos seus primeiros 18 meses de goberno Núñez Feijoo puxo en marcha un novo plano eólico igual de malo (ou peor) que o do BNG, aprobou unha nova Lei do Solo que o desprotexe aínda máis, estendeu as zonas habilitadas para a instalación de plantas acuícolas, aprobou unha moi criticable Lei de Augas, e por suposto mantén as Reganosas, minas a ceo aberto e minicentrais que o bipartito consentiu. E onde están os colectivos sociais na defensa do medio ambiente, dos espazos de alto valor ecolóxico, do litoral? Todo isto debería ser suficiente para que as loitas medioambientais fosen o cerne da oposición a Feijoo. Houbo neste ano e medio, é certo, unha mobilización continuada en defensa da sanidade pública, unha protesta significativa (pero que se foi esfarelando) contra o decreto do ensino e unha folga máis ou menos xeral que se dirixiu principalmente contra Zapatero. É isto suficiente? Onde están os movementos sociais? Onde está a esquerda? Dá a impresión que a oposición acusa aínda o golpe do 1 de marzo de 2009. Como un boxeador noqueado dá voltas ao redor do ring, procurando antes que nada manterse en pé, mentres Feijoo aumenta a súa diferenza. A sociedade civil galega, pouco activa e pouco organizada en por si, atópase moito máis feble e máis desconectada do que estaba durante o goberno bipartito e tamén durante os gobernos de Fraga ou durante os anos oitenta e a Transición.
Hai varias explicacións para isto. Na sociedade galega, tan pouco activa, os partidos políticos seguen sendo imprescindibles, parece ser, para liderar as mobilizacións sociais; pero os dous partidos da oposición atravesan un moi mal momento. Ademais, existe unha desconexión crecente entre os dous partidos do centro-esquerda galego e a sociedade civil, motivada pola decepción xerada pola xestión do bipartito e o traballo feito nos concellos, pero tamén por un ambiente xeral de desafección cos partidos políticos. O 2005 consumouse un traballo que partidos, sindicatos e colectivos sociais, a esquerda galega, realizaron durante anos: o primeiro goberno de esquerda saído dunhas eleccións en Galicia, a oportunidade de poñer en marcha un proxecto de país e unha forma diferente de gobernar e de relacionarse coa sociedade. O resultado, sendo obviamente mellor do que coñecíamos e do que hoxe vemos, foi decepcionante, sobre todo pola escasa ambición do novo proxecto de país, pola submisión aos poderes tradicionais, pola deficiente coordinación interna e pola continuidade de prácticas e actitudes. Pasáramos media vida agardando a Godot e resultou que Godot era unha cousa bastante mediocre. É posible que a ausencia desa esperanza de cambio ou o seu escaso atractivo para a sociedade galega máis activa, estea desactivando a mobilización social. Pierre Bourdieu escribiu sobre o vínculo que se establece entre o colapso da confianza e a decadente vontade de compromiso político e acción colectiva: a habilidade de facer proxeccións de futuro é a condicion sine qua non de todo pensamento transformativo e de todo esforzo por reexaminar e reformar o estado actual das cousas
Por outra banda, hai que ter en conta que ‘a esquerda social’ non é un ente metafísico, está formado por persoas, persoas que constrúen as súas redes, as súas mobilizacións e as súas propostas alternativas de sociedade gastando horas e cartos que sacan de onde poden. Digo isto porque en Galicia hai 250 mil persoas no paro, moitas máis en situacións laborais moi precarias, ademais dun pesimismo xeneralizado sobre o futuro económico inmediato, e iso paraliza a acción social. Os ascensos electorais das formacións de esquerda (real) ou o aumento da súa incidencia social a través dunha mobilización xeral da sociedade adoitan coincidir con mudanzas bruscas do clima económico (ben con transicións de situacións de crise a fase de recuperación, ou todo o contrario), pero contrariamente ao que se podería pensar, a esquerda ten grandes dificultades para mobilizar á poboación en situacións prolongadas de crise e paro. O canto peor, mellor non funciona para a esquerda. O paro masivo debilita a clase traballadora, cando menos dende o punto de vista da súa capacidade de mobilización sobre unha base económica. O mesmo que a destrución dos instrumentos e garantías do Estado do Benestar en lugar de provocar unha reacción de rebeldía nas clases medias e baixas déixaas desarmadas.
O problema é que en certa forma dá a impresión de que hai que partir de cero, de que o traballo realizado dende a Transición, a lenta creación de estruturas sociais e de redes, foi desbaldido polos partidos de esquerda ou simplemente debilitouse pola falta de relevo. Cómpre actividade real na base, novas iniciativas que supoñan unha alternativa real ao sistema, como a Banca Ética, traballo colaborativo e en rede entre os sindicatos de asalariados, organizacións ecoloxistas, redes de comercio xusto, cooperativas e sindicatos agrarios, rachando os tabiques entre organizacións e loitas (aí está o gran traballo transversal que está a realizar nos últimos tempos o Sindicato Labrego Galego). Cómpre traballar coas comunidades realmente existentes, apoiar os seus procesos de relación e de mobilización, como se fixo en Mehá, en Quilmas, en Merexo. Non podemos partir dun programa pechado, o programa hai que construílo partindo das necesidades da xente e dos seus problemas cotiáns, o que temos que facer é organizar capilarmente á xente, como sempre lembra Alexandre Carrodeguas. Cómpre entender tamén que vivimos nunha sociedade distinta, na que os mecanismos de mobilización social son diferentes aos dos anos oitenta, unha sociedade máis líquida e dispersa, pero ao tempo máis interconectada, ou con maiores posibilidades de interconexión, se se saben utilizar.
Na categoría cidadanía, crise económica, decrecemento, esquerda, movementos sociais
Leave a comment
Por unha vida despois do traballo
Nun dos seus últimos textos, Daniel Bensaïd subliñou tres grandes obxectivos que deberían guiar a acción política da esquerda europea nos vindeiros anos:
1. Unha oposición intransixente dos movementos sociais á refundación antisocial que pretende a patronal, unha oposición que pasa pola defensa encarnecida, a transformación e extensión dos servizos públicos.
2. Unha ampla reforma democrática da vida pública, cunha toma de decisións máis participativa, transparente e deliberativa.
3. Unha reorientación radical da construción europea.
Se cadra o máis urxente destes obxectivos parece ser o primeiro, entre outras cousas porque é o máis difícil de reconstruír unha vez que se bota abaixo, e porque como dixo Schiller o home físico é real, e o home moral tan só problemático. E sobre todo, porque, despoxados das garantías e dereitos que nos proporciona o Estado do Benestar, as clases subalternas atoparíanse inermes fronte ao gran capital. Na lóxica do capitalismo serodio xa non se trata unicamente de que os traballadores vendan a súa forza de traballo (o uso desta forza de traballo por un tempo determinado) senón de se vender como persoas, difuminar a separación entre o tempo de traballo e o tempo para si. Trátase de reivindicar unha vida despois do traballo. Isto concrétase, por exemplo, nas actuais loitas contra o aumento na idade de xubilación ou a reivindicación da xornada laboral de 35 horas semanais.
Este tipo de reivindicacións lígase ás análises sobre a satisfacción das necesidades radicais enunciadas por Marx e desenvolvidas por Agnes Heller. Necesidades radicais son todas aquelas necesidades que nacen na sociedade capitalista como consecuencia do desenvolvemento da sociedade civil, pero que non poden ser satisfeitas dentro dos límites da mesma. Polo tanto, as necesidades radicais son factores de superación da sociedade capitalista. As necesidades radicais son demandas que deben ser recoñecidas, demandas de valor cualitativo que apuntan a formas de vida valiosas e non cuantificables, cuxa satisfacción depende máis dun proxecto de vida persoal que da articulación dunha orde social determinada. Contemplar a modernidade dende o punto de vista das necesidades permítenos ver a modernidade dunha maneira holística sen que iso se converta nunha perspectiva totalizadora.
O capitalismo móvese a través da insatisfacción, das necesidades non resoltas, como apuntou o propio Marx e desenvolveu Agnes Heller. Esta sensación de insatisfacción xeral e irresoluble opera como forza motivadora na reprodución das sociedades modernas. Se as persoas deixasen de sentirse insatisfeitas (coas súas posesións materiais, coa súa posición social, coas súas relacións persoais), a sociedade moderna xa non podería reproducirse a si mesma. Pola contra, O socialismo guiouse historicamente pola utopía da sociedade satisfeita. O feito, que non se pode desbotar, de que os recursos dos que dispoñemos no planeta son limitados e cada vez máis escasos provoca crises no sistema de produción e de consumo capitalista, pero ao tempo revela a inconsistencia da utopía socialista da satisfacción de todas as necesidades humanas.
Segundo Zygmunt Bauman os sistemas comunistas viñéronse abaixo polo atractivo que desprendía a sociedade de consumo occidental, a «cultura postmoderna e narcisista da gratificación inmediata e da vida definida en termos de estatus de consumo». A este respecto, o debilitamento das culturas de clase pode explicarse en termos do aumento do consumismo. Antes, tanto as formas de vida da burguesía coma da clase obreira estaban centradas na realización do traballo. Porén, hoxendía nas sociedades desenvolvidas o centro das actividades cruciais da vida é tempo libre. De igual xeito, o progreso está privatizado porque a mellora xa non é unha empresa colectiva, senón individual. O individuo en si mesmo convértese na unidade de reprodución do social.
Capitalismo e socialismo son debedores dun concepto de progreso nacido da Ilustración que debe ser revisado. Revisar o concepto de progreso non significa desbotalo. O obxectivo do progreso humano debe seguir sendo o cerne de toda acción de esquerdas, de igual xeito que toda a aparataxe ideal xurdida da Ilustración e da Revolución Francesa, comezando polo ideal de razón, e acabando polos conceptos de liberdade, igualdade e fraternidade. Pero o progreso xa non é unha medida temporal, algo provisorio que levaría ao cabo a un estado de perfección. Cómpre ser conscientes de que os recursos son limitados, de que o que se debe repartir no mundo non é o benestar material, incapaz de cubrir as necesidades de toda os habitantes do planeta, senón a mesma escaseza, a insatisfacción, que debe ser equitativamente distribuída.
Na categoría cidadanía, decrecemento, esquerda, francia, progreso, socialdemocracia
Leave a comment