-
Artigos recentes
Histórico
Categorías
- 15m (6)
- África (1)
- agregación (2)
- anos oitenta (1)
- bng (1)
- cidadanía (6)
- cine (1)
- comunicación política (2)
- crise económica (7)
- crowdfunding (1)
- curación (2)
- decrecemento (2)
- democraciareal (5)
- dereitos (1)
- esquerda (8)
- feminismo (1)
- ferrol (1)
- francia (1)
- inmigración (1)
- internet (27)
- libros (1)
- medios locais (4)
- movementos sociais (7)
- nacionalismo (4)
- NYT (2)
- periodismo (3)
- porunhademoraciareal (1)
- praza (1)
- prensa (21)
- progreso (2)
- psoe (2)
- publicidade (4)
- razón (1)
- relixión (1)
- revolución conservadora (2)
- soberanía (1)
- socialdemocracia (3)
- televisión (1)
- Transición (6)
- xornalismo (30)
Comentarios recentes
- LVG: a gran mentira… | ferradura en tránsito en La Voz de Galicia acentúa a súa caída
- Rocío Barreiro Rodríguez en Praza, un novo xornal. Un espazo no que atoparse
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (II)
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (I)
- bathtub restoration brooklyn en Nuevos medios en África: El periodismo construyendo sociedad
Lista de ligazóns (blogroll)
- Arume dos Piñeiros
- Bitácora Escarlata
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Canadian Dimension
- Casdeiro
- Contraindicaciones
- Croques
- De Paso
- El cuarto estado
- El voto con botas
- Esther Vivas
- Feijoomente
- Fuera de lugar
- Galizia Ecosocialista
- Guerra Eterna
- Ivan Thays
- Jeu de Paume
- Josep Antoni Moreno
- Lenin's tomb
- Libro de notas
- Manuel Cendán
- Manuel Rivas
- O Funambulista Coxo
- O outro lado do espello
- O porto dos escravos
- Outra esquerda
- Preguiza
- Prolingua
- Renovar o bng
- Si Home Si
- Soy menos
- Vudutv
Meta
Category Archives: dereitos
Cidadáns vs. seres humanos?
Francia restringe la asistencia médica a los inmigrantes indocumentados
A creación do moderno estado-nación e da consecuente soberanía nacional provocou o nacemento dos apátridas, dos sen papeis e das diferenzas entre os dereitos dunhas e doutras persoas en función da súa pertenza ou non a unha comunidade nacional. Como escribiu Hannah Arendt «xunto co produto que se busca obtener, toda fábrica arroxa refugallos. A fábrica da moderna soberanía territorial non foi a excepción». O nós construído a través da inclusión, aceptación e confirmación é o campo da gratificante seguridade separada do mundo do fóra no que habitan os outros. A seguridade non se sentirá até que se lle confíe ao nós o poder de aceptar e a forza para protexer aos xa aceptados. A identidade percíbese como seguridade sempre que os poderes que a acompañan parezan dominar sobre os inimigos construídos no proceso da autoidentificación. Cando o tradicional concepto de estado-nación entra en crise, así coma o concepto de soberanía se debilita, como reacción a esta posta en cuestión dos nexos identitarios que estruturan as sociedades, a tendencia foi o fortalecemento dos nacionalismos e dos subnacionalismos e o endurecemento das fronteiras que estes establecen entre os cidadáns nacionais, plenos de dereitos, e todos os demais.
«O mundo non atopou nada de sagrado na abstracta nudez dun ser humano», escribiu Hannah Arendt, que sentenciou que «os Dereitos do Home, supostamente inalienables, demostraron ser algo que non foi posible obrigar a cumprir cada vez que apareceron persoas que xa non eran cidadáns de ningún Estado soberano». Na Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, non queda claro, segundo Giorgio Agamben se «os dous termos, home e cidadán, nomean dúas realidades diferentes ou se pola contra se considera que sempre o primeiro termo xa estaba contido no segundo«. Os dereitos humanos son unha abstracción e os seres humanos non poden esperar que eses dereitos os protexan, a menos que a abstracción se concrete nos dereitos efectivos dun cidadán dun Estado soberano. Foi necesaria unha potestade social que endosase a humanidade dos humanos. E ao longo da era moderna, esa potestade resultou ser invariablemente a potestade de trazar un límite entre o humano e o inhumano, na actualidade disfrazado de límite entre cidadáns e estranxeiros. Neste mundo parcelado en Estados soberanos, os sen teito non teñen dereitos, e non sofren por non ser iguais ante a lei, senón porque non hai lei que se aplique a eles.
É este un dos motivos que me fai desconfiar do tan asumido concepto de soberanía nacional, que na súa concepción actual serve de segregador de persoas en función da súa pertenza á antedita comunidade nacional soberana. E polo mesmo motivo paréceme que cómpre reflexionar sobre o aparentemete inocuo e cívico concepto de cidadán e cidadanía, e sobre os dereitos dos que prové e, consecuentemente dos que nega a aquelas persoas privados da tal categoría de cidadáns, aqueles que non son máis ca seres humanos e que polo tanto non son merecedores dos mesmos dereitos.
Na categoría cidadanía, dereitos, soberanía
Leave a comment