-
Artigos recentes
Histórico
Categorías
- 15m (6)
- África (1)
- agregación (2)
- anos oitenta (1)
- bng (1)
- cidadanía (6)
- cine (1)
- comunicación política (2)
- crise económica (7)
- crowdfunding (1)
- curación (2)
- decrecemento (2)
- democraciareal (5)
- dereitos (1)
- esquerda (8)
- feminismo (1)
- ferrol (1)
- francia (1)
- inmigración (1)
- internet (27)
- libros (1)
- medios locais (4)
- movementos sociais (7)
- nacionalismo (4)
- NYT (2)
- periodismo (3)
- porunhademoraciareal (1)
- praza (1)
- prensa (21)
- progreso (2)
- psoe (2)
- publicidade (4)
- razón (1)
- relixión (1)
- revolución conservadora (2)
- soberanía (1)
- socialdemocracia (3)
- televisión (1)
- Transición (6)
- xornalismo (30)
Comentarios recentes
- LVG: a gran mentira… | ferradura en tránsito en La Voz de Galicia acentúa a súa caída
- Rocío Barreiro Rodríguez en Praza, un novo xornal. Un espazo no que atoparse
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (II)
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (I)
- bathtub restoration brooklyn en Nuevos medios en África: El periodismo construyendo sociedad
Lista de ligazóns (blogroll)
- Arume dos Piñeiros
- Bitácora Escarlata
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Canadian Dimension
- Casdeiro
- Contraindicaciones
- Croques
- De Paso
- El cuarto estado
- El voto con botas
- Esther Vivas
- Feijoomente
- Fuera de lugar
- Galizia Ecosocialista
- Guerra Eterna
- Ivan Thays
- Jeu de Paume
- Josep Antoni Moreno
- Lenin's tomb
- Libro de notas
- Manuel Cendán
- Manuel Rivas
- O Funambulista Coxo
- O outro lado do espello
- O porto dos escravos
- Outra esquerda
- Preguiza
- Prolingua
- Renovar o bng
- Si Home Si
- Soy menos
- Vudutv
Meta
Category Archives: libros
Da dereita á esquerda no mundo das ideas
En 2005 Perry Anderson publicou Spectrum. From right to left in the world of ideas (publicado en castelán en 2008), unha revisión parcial e subxectiva da ‘paisaxe intelectual’ do momento presente a través da análise de nove autores, nove xeradores de pensamento que Anderson divide en autores de esquerda, centro e dereita. Como lle escoitei hai unhas semanas a un amigo, sería moi interesante aplicar este mesmo traballo de análise e categorización aos xeradores de pensamento galegos e españois. Onde está o noso pensamento de esquerda, onde o de centro, onde o de dereitas? Unha reflexión valente e sen preconcepcións deixaríanos algunhas conclusións que molestarían a moitos, sen dúbida.
Perry Anderson conclúe que nos últimos as ideas da dereita gañaron terreo; o centro adaptouse cada vez máis a elas, e a esquerda segue, falando en termos mundiais, en retirada. Resulta especialmente interesante a sección que Perry Anderson dedica aos pensadores de centro, «tres filósofos políticos fundamentais no cambio de século, todos considerados en xeral- e considerábanse a si propios- figuras da esquerda moderada: John Rawls, Jürgen Habermas e Norberto Bobbio». Anderson explica que na súa análise son tratados «sen un ánimo polémico particular», como pensadores que, «a tal hora é mellor considerar como figuras de centro. No caos de Rawls e Habermas, a xustificación procede do ideal que une a teoría política interior da súa obra tardía: el ‘consenso’. Se este non é un valor prototípico do centro, parece difícil saber que o sería», conclúe.
Anderson anima a non disfrazar as derrotas da esquerda e a analizar con honestidade o mundo actual. Segundo Perry Anderson, «a derrota política histórica conduce case inevitablemente á procura de raios de luz. En todo o mundo, boa parte da esquerda leva case toda unha década facendo máis ou menos o mesmo. As dúas medidas máis habituais no repertorio das devanditas reaccións son aquelas a as que Hobsbawm deu unha expresión excepcional: cambiarlle o nome ao sistema vitorioso para facelo máis aceptable, e esaxerar as fisuras da súa vitoria para imaxinalo máis vulnerable. En ambos os casos, o impulso subxacente é o mesmo: o sentimento de que calquera oposición eficaz á orde existente esixe unha expectativa de librarse pronto del; que comprender a súa identidade e a súa forza absolutas debe dalgún modo conducir á aceptación do mesmo. Iso é un erro. O coñecemento preciso do inimigo vale máis que os boletíns para levantar unha moral insegura. Unha resistencia que prescinda dos consolos é sempre máis forte que aquela que se basea neles».
Finalmente, seguindo este razoamento, Perry Anderson reclama para a esquerda unha curiosidade que vaia alén das tradicións da propia esquerda: «a derrota é unha experiencia difícil de dominar: sempre hai a tentación de sublimala. Mais para superala es necesario poder mirar á cara aos adversarios teóricos, sen indulxencia nin autoengano. Iso esixe unha cultura de curiosidade e crítica que non se contente con manterse nas tradicións da propia esquerda, onde a inclinación xeral das tendencias políticas ao autoensimismamento se intensificou en xeral debido á mentalidade de sitio experimentada por calquera formación minoritaria».
Na categoría esquerda, libros
Leave a comment