Arquivo da categoría: movementos sociais

Praza, un novo xornal. Un espazo no que atoparse

Un grupo de persoas (entre elas, Manolo Barreiro, Filipe Diez e eu mesmo) levamos meses traballando no deseño dun novo xornal dixital. Porque é necesario (cada vez máis) e porque é posible facelo. Porque hai milleiros de galegas e galegos … Sigue lendo

Publicado en internet, movementos sociais, praza, prensa, xornalismo | 12 Comentarios

Anos oitenta: Modernidade galega desbaldida

Os oitenta foron unha década moi curiosa en Galicia. Non é que a sociedade mudase máis ca nas décadas anteriores. Foi nos sesenta e setenta cando se produciron con máis intensidade os fenómenos de abandono do campo, industrialización, emigración a … Sigue lendo

Publicado en anos oitenta, cidadanía, movementos sociais | Comentarios desactivados en Anos oitenta: Modernidade galega desbaldida

O que os partidos de esquerdas deben aprender do 15M

O movemento 15M é un síntoma e é un camiño. Supón a reacción da cidadanía organizada, o inicio da reactivación da sociedade civil. Cando parecía que xa só iamos asistir a finais, resulta que a sociedade, encabezada polos máis novos, … Sigue lendo

Publicado en 15m, democraciareal, esquerda, movementos sociais | 1 Comentario

Onde están os colectivos sociais?

No número de decembro de Tempos Novos (nº 163) preguntábame que está facendo Galiza Non Se Vende e en xeral o conxunto dos movementos sociais do país, onde se meteron no último ano, unha pregunta apresurada pola que xa recibín … Sigue lendo

Publicado en cidadanía, crise económica, decrecemento, esquerda, movementos sociais | Comentarios desactivados en Onde están os colectivos sociais?

Rachar os tabiques

As determinacións de clase constitúen o elemento fundamental ao redor do que se estruturan outras dominacións subalternas (sexistas, racistas, coloniais…). Esta xerarquización das contradicións é froito dun ataque das lóxicas de dominación e determina as alternativas emancipatorias. Porén, a hipótese … Sigue lendo

Publicado en esquerda, movementos sociais | Comentarios desactivados en Rachar os tabiques

Papanatismo dixital? (II)

Vivimos nunhas sociedades desenvolvidas cada vez máis desconectadas e individualistas, como ben analizou Robert Putnam no seu xa clásico Bowling Alone, que facía fincapé na erosión da vida comunitaria e o debilitamento da participación política. Putnam explicaba, por exemplo, que … Sigue lendo

Publicado en internet, movementos sociais | 3 Comentarios

Papanatismo dixital? (I)

Hai unhas semanas Manuel Rivas laiábase da existencia dun certo “papanatismo en torno ao cacharro” e da “histeria” que ao seu xuízo se dá no mundo editorial “ao redor dos soporte dixitais”. Rivas concluía de maneira moi acertada que “iso … Sigue lendo

Publicado en internet, movementos sociais, prensa, xornalismo | 4 Comentarios