-
Artigos recentes
Histórico
Categorías
- 15m (6)
- África (1)
- agregación (2)
- anos oitenta (1)
- bng (1)
- cidadanía (6)
- cine (1)
- comunicación política (2)
- crise económica (7)
- crowdfunding (1)
- curación (2)
- decrecemento (2)
- democraciareal (5)
- dereitos (1)
- esquerda (8)
- feminismo (1)
- ferrol (1)
- francia (1)
- inmigración (1)
- internet (27)
- libros (1)
- medios locais (4)
- movementos sociais (7)
- nacionalismo (4)
- NYT (2)
- periodismo (3)
- porunhademoraciareal (1)
- praza (1)
- prensa (21)
- progreso (2)
- psoe (2)
- publicidade (4)
- razón (1)
- relixión (1)
- revolución conservadora (2)
- soberanía (1)
- socialdemocracia (3)
- televisión (1)
- Transición (6)
- xornalismo (30)
Comentarios recentes
- LVG: a gran mentira… | ferradura en tránsito en La Voz de Galicia acentúa a súa caída
- Rocío Barreiro Rodríguez en Praza, un novo xornal. Un espazo no que atoparse
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (II)
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (I)
- bathtub restoration brooklyn en Nuevos medios en África: El periodismo construyendo sociedad
Lista de ligazóns (blogroll)
- Arume dos Piñeiros
- Bitácora Escarlata
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Canadian Dimension
- Casdeiro
- Contraindicaciones
- Croques
- De Paso
- El cuarto estado
- El voto con botas
- Esther Vivas
- Feijoomente
- Fuera de lugar
- Galizia Ecosocialista
- Guerra Eterna
- Ivan Thays
- Jeu de Paume
- Josep Antoni Moreno
- Lenin's tomb
- Libro de notas
- Manuel Cendán
- Manuel Rivas
- O Funambulista Coxo
- O outro lado do espello
- O porto dos escravos
- Outra esquerda
- Preguiza
- Prolingua
- Renovar o bng
- Si Home Si
- Soy menos
- Vudutv
Meta
Category Archives: NYT
E detrás do NYT, todos os demais
Fronte á aposta do NYT, neste 2011 espérase que cristalice unha importante alianza estratéxica entre Washington Post e USA Today, que veñen de lanzar Ongo, unha web dirixida por Alex Kazim que por unha tarifa básica de sete dólares ao mes permitirá o acceso aos contidos de Washington Post, USA Today, extractos de The New York Times e a contido seleccionado de Financial Times. Ademais, por un un euro adicional, o portal ofrecerá o acceso a máis de quince cabeceiras de ámbito estatal (a escoller unha), como Boston Globe, Charlotte Observer, Miami Herald, Sacramento Bee, The Cincinnati Enquirer, Detroit Free Press, Fort Worth Star-Telegram ou Kansas City Star e doutros títulos internacionais, coma o británico The Guardian. Ongo, froito dun investimento de doce millóns de dólares, tamén ten previsto desenvolver aplicacións específicas para dispositivos electrónicos como iPhone, iPad ou Android. O obxectivo de Ongo é captar o interese do 12% de lectores que, segundo Kazim, visitan máis de seis páxinas de noticias cada día.
Pola súa banda, The Times e The Sunday Times, do grupo Newscorp de Murdoch, estableceron barreiras de pago en xullo de 2010, unha libra por un día ou dous libras por unha semana, uns prezos nos que se adiviña a vontade de coidar os lectores máis fieis, que ademais contan con outras vantaxes, entre elas, un e-paper ou descontos en concertos, cines e teatros. Seis meses despois, a finais de febreiro, The Times conseguira captar oitenta mil subscritores dixitais, unha cifra moi afastada dos 3,1 millóns de usuarios únicos mensuais que tiña a súa edición dixital só no Reino Unido. Neste tempo, a media mensual de exemplares vendidos da edición impresa caeu uns 58 mil exemplares, polo que o dato de subscricións dixitais, sen ser espectacular, se pode analizar en termos positivos, como o inicio dun proceso de transvase de lectores dun soporte a outro. News International Newspapers, a filial de News Corporation que edita cerca de 175 cabeceiras en diversas partes do mundo, xa anunciou que pronto se adherirán a esta modalidade de pago as webs de The Sun e News of the World, así coma outras cabeceiras.
Pola súa banda, Le Monde permite o libre acceso á información da súa edición impresa a partir do mediodía e de igual xeito limita aos subscritores o acceso á hemeroteca, a todos os contidos infográficos e á posibilidade de crear un blogue no xornal. Hai exemplos de medios que dende hai anos cobran polo acceso ás súas edicións dixitais. Por exemplo, The Wall Street Journal leva máis dunha década ofrecendo contidos de pago na súa web e achégase ao medio millón de subscritores, multiplicando por catro ao segundo xornal norteamericano en número de subscritores online, o Detroit Free Press. En Francia, Mediapart.fr conta cunha redacción de pouco máis de 30 persoas ten xa 40.000 subscritores. Creado en marzo de 2008 entre outros por Edwy Plenel, ex director de Le Monde, ten un prezo de 9 euros ao mes. Os editores contan con chegar a 55.000 subscritores no 2012, co que acadarían o equilibrio financeiro.
O Finantial Times comezou a cobrar polo acceso en 2001, chegando a 2009 cun número relativamente pequeno de subscritores: 126 mil, menos dun terzo dos que ten en papel. En 2010 superou os 207 mil subscritores dixitais, algo máis da metade dos da edición impresa, a pesar de que a subscrición online non é barata, entre 259 e 389 libras por ano. O sistema empregado polo FT é semellante ao posto en marcha polo NYT, limitando até 2009 a trinta as novas que todo internauta podía ler cada mes, un número que baixou a dez en 2010. Así mesmo, neste ano limitou tamén a posibilidade de que Google e outros portais agregadores reproducisen os seus contidos. Unha e outra medida explican o incremento no número de subscricións. Na actualidade, o 55% dos ingresos do FT procede de venda e subscrición, mentres que hai unha década a porcentaxe era apenas do 26%.
Outro exemplo é o do mexicano Reforma, que comezou a cobrar polos seus contidos na rede en 2002. Inicialmente o tráfico caeu un 35 por cento, pero o xornal recuperouse rapidamente e Reforma recuperouse tamén no terreo publicitario. O paywall freou ademais un leve descenso na circulación da versión impresa. A clave, segundo o director do xornal é «entender que é o que os teus usuarios valoran».
Outras cabeceiras, coma o Detroit News/Free-Press están experimentando coa redución da súa frecuencia de publicación en papel, centrando a súa atención na súa edición dixital. A situación das cabeceiras históricas de Detroit é moi peculiar. O Detroit Free Press e o Detroit News para afrontar a situación xeral de crise, decidiron non competir pola publicidade, recibindo os ingresos dos anunciantes conxuntamente. En 2009 decidiron eliminar a distribución a domicilio dos xornais os luns, martes, mércores e sábado, os catro días con menores cifras de distribución, sumando apenas o 23% do total. A cambio, os xornais ofrecéronlles aos subscritores unha edición dixital dos mesmos. O obxectivo era recortar custes, pero tamén alentar o paso dos subscritores das edicións impresas ás edicións dixitais. A circulación semanal dos xornais pasou de 436 mil a 230 exemplares e a e-edición tivo uns cen mil lectores, polo que o segundo obxectivo non se cumpriu.
Se o NYT está marcando o camiño a seguir polos grandes xornais de calidade, o Dallas Morning News está facendo o mesmo coas cabeceiras de ámbito estatal e local, os metros. O xornal acaba de poñer en marcha un sistema de pago metered semellantes ao do NYT e na actualidade máis 50 ou 60 destes xornais nos Estados Unidos xa puxeron en marcha este modelo. Medici, director do Dallas Morning News, laiouse de que «deixamos o acceso gratuíto aos nosos contidos en liña demasiado tempo» e engade «a xente sempre pagou por contido, aínda que eles pagaban polo papel», para restarlle importancia ao cambio producido, e concluíu «agora, no Dallas Morning News a nós gústanos referírmonos ao papel só como outra plataforma».
Os xornais norteamericanos que nos últimos meses de 2010 e nos primeiros de 2011 pecharon o acceso gratuíto ás súas edicións dixitais, máis dunha vintena (Honolulu Civil Beat, Tallahassee Democrat, The Greenville News ou The Spectrum), apenas rexistraron caídas no seu número de visitas, situándose os descensos en todos os casos por debaixo do sete por cento, e mantendo en todos os seus casos os seus ingresos publicitarios. Nestes exemplos, o prezo da subscrición mensual sitúase ao redor do dez euros e os modelos escollidos gardan moitas similitudes co metered implementado polo NYT, destinados a cobrar só aos seus lectores habituais e mantendo en todos os casos algúns contidos freemiums, para manter as cifras de visitantes esporádicos e non crear barreiras psicolóxicas para a lectura do medio. O Augusta Chronicle, que tamén optou por un modelo metered, puxo o listón en 25 pezas informativas ao mes. O xornal de Augusta é o estandarte do grupo Morris Digital, que no verán implementará este modelo en oito dos seus xornais, coa previsión de facer o mesmo no resto antes de final de ano. Polo de agora, as perspectivas xeradas polo Augusta Chronicle son boas, pois o 25% das persoas que superaron ese límite de 25 novas ao mes (os lectores fieis e habituais) decidiron subscribirse ao xornal para seguir tendo un acceso completo.
O gran problema das propostas freemium, polo de agora, é que aínda non se sabe moi ben cal debe ser a parte free e cal a parte premium. Por exemplo, o Dallas Morning News só considera informacións premium as de ámbito local, que son aquelas que traballa con máis dedicación e profundidade.
Na categoría NYT, prensa, xornalismo
Leave a comment
A aposta do NYT
Despois de máis dun ano de estudo e reflexión, New York Times presentou a finais de marzo o seu modelo, o metered model, de cobro polo acceso frecuente, que medirá as pezas xornalísticas que le cada usuario e a partir de vinte, pechará o seu acceso a toda a edición, ofrecéndolle a posibilidade de facerse subscritor. O obxectivo é non afastar o tráfico esporádico que chega a través de buscadores, ou daquelas persoas que non len habitualmente o xornal; este tráfico esporádico é responsable en boa medida das espectaculares cifras de audiencia do NYT, que lle proporcionan importantes ingresos publicitarios todos os meses.
Este experimento, sobre todo se ten éxito, e se se consolida e estende, será fundamental para reverter a filosofía de que a información online é de balde e transformaraa pola de que a información de calidade, que ten uns custes de produción moi elevados, ten que ser adquirida a un certo prezo. Esta modificación do hábitos de consumo é máis importante que os posibles ingresos (moi magros ao comezo) que hipoteticamente poida xerar para estes medios, insuficientes a curto prazo, seguramente, para compensar a redución de ingresos que experimentan as edicións impresas. Outros efectos complementarios, positivos e negativos, son a meirande protección que terán as versións impresas, que ao non ter que competir con versións gratuítas do mesmo contido, poden recuperar parte do seu atractivo para os lectores esporádicos; pola contra, a barreira que se establece na edición dixital, pode reducir o número de visitas da páxina e consecuentemente os ingresos por publicidade. Porén, hai que ter en conta que estes subscritores conforman un grupo humano de nivel sociocultural e poder adquisitivo medio-alto, moi apetecible para os anunciantes, que ademais terían a seguridade de que os seus anuncios serían lidos, dada a fidelidade cara ao medio. O xornal obtería, ademais, importante información sobre os seus hábitos de lectura, preferencia e intereses, unha información que podería utilizar para mellorar o produto e ofrecer contidos máis especializados e personalizados, pero tamén para segmentar aos lectores e ofrecerlle esta valiosa información aos seus anunciantes.
Os primeiros resultados
Martin Nisenholtz, responsable das accións dixitais do xornal, declarou en decembro que ao redor do 15% de todos os visitantes diarios do xornal eran heavy users, lectores habituais, e que lían máis de vinte pezas cada mes, o que representa ao redor de seis millóns de persoas aos que lles resultaría útil pagar 15 dólares para seguir mantendo o seu nivel de lectura. O cálculo realizado polo xornal é que mesmo se só o 5% destas persoas se decide a converterse en subscritor, iso representaría uns ingresos anuais de sesenta millóns de dólares, a décima parte de todos os ingresos actuais do xornal. The New York Times viu caer as visitas de páxinas do seu sitio nun 24,4 por cento desde marzo a abril, segundo AdAge. En comparación, os sitios de xornais en xeral tiveron unha caída do 7,5 por cento. No entanto, Yahoo News and MSNBC, que non adoptaron modelos de pago, tamén experimentaron fortes caídas de 23,9 e 21,4 por cento, respectivamente, entre marzo e abril. O 21 de abril, durante unha conferencia sobre os seus resultados do primeiro trimestre do ano, o New York Times dixo que contaba con máis de 100.000 subscritores da versión en liña.
O NYT ten ao redor de corenta millóns de visitantes únicos ao mes, o que demostra que na rede, malia a fragmentación da oferta e á especialización dos contidos, se está vivindo un proceso de concentración da audiencias, que se concentran nas cabeceiras que lles ofrecen un mellor servizo e que na meirande parte dos casos (coa excepcións dalgúns dixitais de gran calidade) coinciden coas edicións online das cabeceiras tradicionais. Iso non significa que todas as cabeceiras impresas vaian ter éxito no proceso de transición á rede, nin que todas vaian sobrevivir. É moi pouco sostible o actual minifundismo de tantos xornais, con estruturas de información moi debilitadas pola crise, que se apoian en milleiros de plantas industriais complexas e manteñen un sistema de distribución alleo á inmediatez, custe e capilaridade da rede.
Críticas ao sistema escollido
Os actuais subscritores da edición impresa do xornal terán acceso gratuíto a todo o contido dixital. Os que non sexan subscritores poderán ver gratuitamente un máximo de 20 artigos, fotos, vídeos e outros materiais cada mes. Ao superar ese límite, os lectores deberán pagar ao redor de 15 dólares para seguir tendo acceso aos contidos. O sistema escollidos polo NYT recibiu numerosas críticas, algunhas construtivas, e outras simples emendas á totalidade, algunhas ben fundamentadas e outras máis fanáticas, ligadas á filosofía do todo é de balde en Internet. Entre as críticas, unha das principais refírese ao tempo excesivamente longo que lle levou ao xornal escoller o modelo (14 meses) e sobre todo o fabuloso custe de todo o proceso de investigación e construción das estrutura de pago (40 millóns de dólares).
Outra crítica recorrente refírese á duplicidade do pago dependendo dos soportes que o lector vaia utilizar; así, por 15 dólares pode ter acceso ao xornal dende o seu ordenador e dende o seu móbil, por 20 dólares dende o ordenador e o iPad ou tableta, e por 35$ poderá acceder dende calquera soporte. Hai quen di, con acerto, que isto é un sensentido, pois o que se está pagando é o contido xornalístico, e non o dereito a facer uso del nun determinado soporte. Houbo quen estableceu a comparación cun CD de música que tivese un prezo diferente para quen o escoita nun discman, para quen o escoita no seu aparato de música caseiro e para quen o pon no coche, e un prezo moito máis elevado para quen o quere escoitar en todos os soportes. Hai quen analiza como un erro, igualmente, que a subscrición para a lectura no iPad teña un custe máis elevado que a subscrición para a súa lectura nun ordenador tradicional, o que pode desalentar a compra e o uso deste novo soporte no que os xornais teñen postas moitas esperanzas. Outra das críticas refírese a que o feito de pagar polo xornal non significa que se deixe de incluír publicidade nas páxinas, o que sería desexable seguramente, aínda que neste caso se pode contraargumentar que as edicións impresas -igualmente de pago- tamén teñen publicidade nas súas páxinas.
Porén, o modelo, que procura un equilibrio entre o cobro polo traballo xornalístico de calidade e o mantemento das altas cifras de tráfico esporádico e procedente de buscadores, recibiu louvanzas dende outros moitos expertos, como Paul Bradshaw, que o cualificou como “o modelo de pago máis maduro, intelixente, e comercialmente sensato até o momento”. Hai quen afirma, ademais, que o NYT non podería ter escollido un mellor momento para o lanzamento da súa edición de pago online. Para estas opinións o contexto actual para a prensa de calidade é máis favorable, en primeiro lugar, pola irrupción e o grande éxito colleitado polo iPads e tabletas, que necesitan encherse de contidos, por así dicilo, os seus compradores necesitan xustificar o gasto realizado. Xa se venderon ao redor de 100 millóns destes aparellos e prevese que en 2014 haxa 400 millóns de tabletas en todo o planeta. O segundo factor positivo é a sucesión de novas de grande impacto a nivel internacional (o tsunami xaponés, as revolucións no mundo árabe, a crise económica, a morte de Bin Laden…), e que están provocando o aumento das audiencias e vendas dos produtos informativos en todos os soportes, e que provocan un meirande interese polos relatos en profundidade e o xornalismo de calidade.
Na categoría internet, NYT, xornalismo
Leave a comment