-
Artigos recentes
Histórico
Categorías
- 15m (6)
- África (1)
- agregación (2)
- anos oitenta (1)
- bng (1)
- cidadanía (6)
- cine (1)
- comunicación política (2)
- crise económica (7)
- crowdfunding (1)
- curación (2)
- decrecemento (2)
- democraciareal (5)
- dereitos (1)
- esquerda (8)
- feminismo (1)
- ferrol (1)
- francia (1)
- inmigración (1)
- internet (27)
- libros (1)
- medios locais (4)
- movementos sociais (7)
- nacionalismo (4)
- NYT (2)
- periodismo (3)
- porunhademoraciareal (1)
- praza (1)
- prensa (21)
- progreso (2)
- psoe (2)
- publicidade (4)
- razón (1)
- relixión (1)
- revolución conservadora (2)
- soberanía (1)
- socialdemocracia (3)
- televisión (1)
- Transición (6)
- xornalismo (30)
Comentarios recentes
- LVG: a gran mentira… | ferradura en tránsito en La Voz de Galicia acentúa a súa caída
- Rocío Barreiro Rodríguez en Praza, un novo xornal. Un espazo no que atoparse
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (II)
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (I)
- bathtub restoration brooklyn en Nuevos medios en África: El periodismo construyendo sociedad
Lista de ligazóns (blogroll)
- Arume dos Piñeiros
- Bitácora Escarlata
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Canadian Dimension
- Casdeiro
- Contraindicaciones
- Croques
- De Paso
- El cuarto estado
- El voto con botas
- Esther Vivas
- Feijoomente
- Fuera de lugar
- Galizia Ecosocialista
- Guerra Eterna
- Ivan Thays
- Jeu de Paume
- Josep Antoni Moreno
- Lenin's tomb
- Libro de notas
- Manuel Cendán
- Manuel Rivas
- O Funambulista Coxo
- O outro lado do espello
- O porto dos escravos
- Outra esquerda
- Preguiza
- Prolingua
- Renovar o bng
- Si Home Si
- Soy menos
- Vudutv
Meta
Category Archives: porunhademoraciareal
Por un xornalismo real, xa!
Os medios de comunicación atravesan unha grave crise provocada polos erros cometidos nos últimos anos e polas súas dificultades para adaptarse a un novo tempo e ás novas demandas das súas audiencias. O propio xornalismo está en crise polo erros e concesións realizadas polos propios profesionais. O xornalismo era unha profesión fortemente vinculada a códigos éticos, fomos quen de ser un contrapoder e de fortalecer as democracias. Nada queda de todo iso. Os xornalistas gañámonos a pulso a nosa crise. Antes os medios querían influír na sociedade. Agora pertencen a grandes conglomerados que buscan ante todo obter beneficios e analizan o produto en base a unha conta de resultados, non en base á influencia pública.
Se os xornalistas non reaccionan, se non comezan a escoitar aos cidadáns, os cidadáns vanlles pasar por riba. Se os xornalistas non comezan a exercer presión no interior das empresas, se non comezan a reclamar a súa autonomía, seguramente manterán, sen conflitos, os seus postos de traballo a curto prazo, pero estarán contribuíndo ao esmorecemento da profesión, da súa credibilidade social, á precarización da súa actividade e, finalmente, ao peche dos medios informativos. Se os xornalistas non reaccionan, se non comezan a escoitar aos cidadáns, os cidadáns vanlles pasar por riba. As mobilizacións que estes días teñen lugar nas prazas de todo o país son unha emenda ao actual sistema político e económico, un sistema do que os medios de comunicación acabaron por formar parte fundamental. Non sempre foi así e non ten que ser así necesariamente.
Un dos grandes problemas do xornalismo actual é a progresiva perda de autonomía e de capacidade de decisión nas redaccións, nun proceso que se abriu ao concluír o proceso de Transición democrática. Os redactores cada vez teñen menos liberdade para escoller temas e enfoques e aqueles con máis capacidade son relegados a postos secundarios. O adelgazamento das redaccións carga de traballo aos que quedan, polo que apenas poden contrastar a información que lles chega. Ademais, limita a iniciativa dos redactores para buscar información á marxe dos circuítos establecidos e da axenda marcada por quen están interesados en sinalar o que debe chegar ao cidadán. Esta limitación das condicións de traballo afecta ao rigor dos contidos e aos principios deontolóxicos desta profesión, como son a pluralidade, a independencia, a obxectividade e a veracidade. Hai desánimo e mesmo medo nas redaccións. Os editores concéntranse nos despedimentos sen que se albisque o máis mínimo detalle do modelo sobre o que esperan soster o negocio; os directores deixan a un lado o debate periodístico para falar de novos perfís tecnolóxicos encarnados en xornalistas con soldos competitivos.
Os grandes medios de comunicación, o mesmo que os partidos políticos, están demostrando estes días, unha vez máis, que viven desconectados da realidade, o que lles leva a facer un relato absolutamente distorsionado da situación social que se está a vivir en España e do propio movemento de protesta cidadá. Primeiro, uns e outros ignoraron, minimizaron e ocultaron as protestas, despois comezaron a atacalas, finalmente comezaron a coller medo. Os medios de comunicación ven a realidade a través dos ollos dos grandes actores establecidos no sistema, sexan gobernos, partidos, sindicatos ou grandes corporacións, todo o que fique fóra do radio de acción ou de interese destes non lles importa, non o toman en consideración.
O bo xornalismo defínese entre outras cousas por saber observar e analizar a realidade, por detectar os movementos que se están a producir, por saber o que é importante. E hoxendía os medios de comunicación españois non o están facendo. De aí a súa crise de credibilidade e a súa consecuente situación económica das empresas editoras. Quen vai pagar un euro diario pola información que publican estes días os xornais españois?, quen pagaría sequera a metade polas súas edicións dixitais? Periodismohumano.com ou Lainformacion.com estanlles dando unha lección de xornalismo ás grosas redaccións das grandes cabeceiras. Os cidadáns son os responsables de provocar un cambio nos medios de comunicación, o mesmo que nos partidos. Xa o están facendo, dándolles as costas. Pero os xornalistas tamén deben participar nesta batalla, porque se non contribúen a solucionar o problema converteranse en cómplices, e sobre todo porque desta batalla depende o tipo de xornalismo que realizarán no futuro, a liberdade coa que poderán exercelo e mesmo o mantemento do seu posto de traballo. Por todo o anterior estou indignado. Creo que podo cambialo. Creo que podo axudar. Sei que unidos podemos. Sae con nós. É o teu dereito.
Na categoría porunhademoraciareal, xornalismo
Leave a comment