-
Artigos recentes
Histórico
Categorías
- 15m (6)
- África (1)
- agregación (2)
- anos oitenta (1)
- bng (1)
- cidadanía (6)
- cine (1)
- comunicación política (2)
- crise económica (7)
- crowdfunding (1)
- curación (2)
- decrecemento (2)
- democraciareal (5)
- dereitos (1)
- esquerda (8)
- feminismo (1)
- ferrol (1)
- francia (1)
- inmigración (1)
- internet (27)
- libros (1)
- medios locais (4)
- movementos sociais (7)
- nacionalismo (4)
- NYT (2)
- periodismo (3)
- porunhademoraciareal (1)
- praza (1)
- prensa (21)
- progreso (2)
- psoe (2)
- publicidade (4)
- razón (1)
- relixión (1)
- revolución conservadora (2)
- soberanía (1)
- socialdemocracia (3)
- televisión (1)
- Transición (6)
- xornalismo (30)
Comentarios recentes
- LVG: a gran mentira… | ferradura en tránsito en La Voz de Galicia acentúa a súa caída
- Rocío Barreiro Rodríguez en Praza, un novo xornal. Un espazo no que atoparse
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (II)
- A revolución que ninguén esperaba | Un vento vén en Papanatismo dixital? (I)
- bathtub restoration brooklyn en Nuevos medios en África: El periodismo construyendo sociedad
Lista de ligazóns (blogroll)
- Arume dos Piñeiros
- Bitácora Escarlata
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Canadian Dimension
- Casdeiro
- Contraindicaciones
- Croques
- De Paso
- El cuarto estado
- El voto con botas
- Esther Vivas
- Feijoomente
- Fuera de lugar
- Galizia Ecosocialista
- Guerra Eterna
- Ivan Thays
- Jeu de Paume
- Josep Antoni Moreno
- Lenin's tomb
- Libro de notas
- Manuel Cendán
- Manuel Rivas
- O Funambulista Coxo
- O outro lado do espello
- O porto dos escravos
- Outra esquerda
- Preguiza
- Prolingua
- Renovar o bng
- Si Home Si
- Soy menos
- Vudutv
Meta
Category Archives: relixión
Polo relativismo
Sempre me gustou unha frase que lle lin a Émile Cioran nunha ocasión: «Bocexamos ante a cruz», que refire a certeza e a satisfacción de sentir que o poder da Igrexa se reduce de tal maneira de xeración en xeración nas sociedades modernas que moi logo esa institución non será xa máis ca unha reliquia sen capacidade de influír na sociedade. Segue tendo a capacidade de mobilizar centos de milleiros de persoas, é certo, pero o número de católicos practicantes en España e a súa idade media, elevada e crecente, revelan unha debilidade que explica a súa carraxe contra a evolución da sociedade da que aínda se senten propietarios. Ou tamén pode ser que a Igrexa me provoque máis aborrecemento e desprezo que outra cousa só polo feito persoal de ser un non-bautizado, ateo, fillo de ateos e mesmo ter contado cun par de avós ateos, e polo tanto por non ter sufrido o control mental e a hipocrisía dos curas e dos seus ritos e institucións. Así e todo, é evidente que nestes días que estamos vivindo en Galicia a cruz non me fai bocexar, senón todo o contrario, pola capacidade de presión sobre os poderes públicos que a Igrexa está demostrando manter practicamente intacta. Polo tanto, se cadra habería que dicir que máis ben que cuspimos ante a cruz.
Ratzinger leva anos facendo bandeira da pelexa contra o chamado relativismo moral, que el condena, e parece que nos seus discursos en Compostela e Barcelona fará referencia a este tema. Con todo, dáme a impresión de que precisamente en Galicia pinchou en óso neste asunto, na terra da dúbida, da indefinición, do relativismo, do trasacordo e do Deus é bo pero o demo non é malo. Na súa Crítica da razón galega Marcial Gondar defendía que «o galego que ‘está na escaleira e non se sabe se sobe ou se baixa’, tan deostado polos de fóra, xunto a obvias consecuencias de encollemento e pasotismo, acocha unha carga crítica contra o discurso dominante que é preciso descubrir e potenciar». Neste mesmo sentido a retranca, esa forma de falar ou de comportarse tan propia do paisano galego, que se caracteriza pola cautela, pola habilidade para contestar evasivamente, por saber non dicir ou facer o que os outros pretenden, en última instancia, pola segunda intención, é unha arma máis, que produce nos outros como efecto a dificultade de comprender a quen a está a utilizar. Mentres para os de fóra esa falta de entendemento ten connotacións claramente negativas, ao ser identificada coa malicia, para o compaisano é un mérito, unha habilidade que coloca a quen o sabe utilizar nun nivel superior da intelixencia: o da sagacidade.
A este mesmo respecto, escribe Gondar, hai un substantivo en galego que significa todo un compendio de comportamentos teóricos e prácticos: o trasacordo. Trasacordo é a revisión dun acordo ou determinación que se adoptou, un volverse atrás no camiño andado para percorrelo por outra vía ou doutra maneira. Cando xa tiña decidida unha cousa e despois cambia de opinión e deixa de facela, se alguén llo bota en cara, o galego pode dar por suficiente esta explicación: «tiven un trasacordo». E basta. O trasacordo non ten que ver tanto coa infidelidade á palabra dada canto coa falta de seguridade na opción escollida. O galego considera e reconsidera, pensa en círculos discéntricos, ou mellor, policentrados. E o poder aspira a suxeitos unidimensionais, baleirados de todo aquilo que poida representar contradición cos seus obxectivos. O galego é un ser relativista, e o relativismo é unha das grandes construcións do ser humano moderno, fronte ao pensamento único e absoluto que pretenden outros. Ratzinger veu a un moi mal lugar para difundir o seu ideario do unívoco, do recto e do uniforme.